Eventos
O venres 24 de outubro de 2025 celebraremos o “Foro de políticas públicas para a innovación e o emprendemento”, organizado pola Unidade de Transferencia e Innovación do CINBIO. Terá lugar na Sala do edificio CITEXVI, no campus universtario de Vigo.
Este foro servirá como punto de encontro entre persoal representante de GAIN, responsables políticos, expertos/as en políticas públicas, persoal investigador, emprendedores/as e empresas co obxectivo de discutir e propoñer melloras nas políticas de apoio ao emprendemento e a innovación.
Un evento que forma parte do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Univesidade de Vigo, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública.

PROGRAMA
VENRES – 24 DE OUTUBRO
09:00 h. Recepción das persoas asistentes.
09:30 h. Apertura e presentación do Foro.
-
Miguel Correa. Director do CINBIO. Universidade de Vigo.
-
Xosé María Mahou Lago. Vicedecano da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Universidade de Vigo
09:45 h. Conferencia inaugural: O papel das políticas públicas no fomento do emprendemento.
-
Ángeles López Lozano. Directora técnica da Oficina de I+D, Universidade de Vigo.
10:15 h. Sesión 1: Presentación de casos de éxito en políticas de innovación e emprendemento.
- Juan Luis Romera Santiago. Técnico do departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do CDTI Innovación.
10:45 h. Sesión 2: Presentación de programas de apoio para poñer en valor, apoiar e financiar o desenvolvemento de aplicacións comerciais das investigacións xeradas nos centros de coñecemento galegos en forma de spin-off ou acordos de licenza.
-
Raúl Rodríguez Couto. Área de Servicios de GAIN.
11:15 h. Turno de preguntas
- Modera: Noa Caramés. Unidade de Xestión do CINBIO.
11:30 h. Break
12:00 h. Sesión 3: Desafíos actuais no apoio ao emprendemento e a innovación.
- Miguel Correa. Director do CINBIO. Cofundador de Nanofaber
- Abi Judit Vázquez. Cofundadora e COO de Diversa Technologies
- Luis Pérez Freire. Director Xeral de Gradiant
- Modera: José Jato. Técnico superior da Oficina de I+D, Universidade de Vigo
(Inclúe turno de preguntas)
13:00 h. Taller: Elaboración de propostas concretas para mellorar as políticas de apoio.
- Dinamiza: pëtri
14:00 h. Presentación das propostas e debate participativo.
14:30 h. Comida networking.
16:30 h. Visita para invitado/as institucionais ás instalacións do CINBIO.
19:00 h. Clausura.
Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario.
En todo caso, calquera dúbida será atendida en cinbio.tech.transfer@uvigo.gal
Grazas.