GL EN
Twitter bSky

Eventos

IYI Meeting 2025 29 decembro 2025 Edificio Redeiras, Praza do Berbés, Vigo.

Xa está en marcha unha nova edición do IYI Meeting, a próxima reunión de persoal investigador no estranxeiro, este ano no marco do proxecto NANO4TALENT.

O propósito desta xornada é aproveitar a volta a Galicia polo Nadal de persoal investigador que traballa no estranxeiro, para dar a coñecer o seu traballo, establecer novas relacións, fomentar sinerxías, e estar ao tanto de posibles oportunidades de retorno, como o programa de captación de talento NANO4TALENT, que busca fomentar a carreira do persoal posdoutoral no eido dos nanomateriais e a biomedicina.

Nesta ocasión, o encontro terá lugar na aula 1 do Edificio Redeiras, en Vigo, o luns 29 de decembro (10h-14h). Un evento organizado polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS.

Na web do evento está toda a información así como o formulario de rexistro.

Para calquera consulta: iyimeeting@gmail.com