GL EN

Eventos

Mesa redonda Nanomateriais - Ciclo "A Galicia que funciona" 22 marzo 2022

O ciclo de conferencias "A Galicia que funciona" (organizada por Faro de Vigo e a Universidade) ten como obxectivo ofrecer resposta aos desafíos e preocupacións do territorio galego. Nesta ocasión, o martes 22 de marzo celébrarase unha mesa redonda arredor da temática dos nanomaterias tanto dende a investigación como nas múltiples aplicacións na industria e na sociedade.

No debate participarán as investigadoras e líderes de grupos no CINBIO Verónica Salgueiriño e Isabel Pastoriza, o director da sección de Materiais e Sistemas do CTAG Alberto Tielas, e será moderado polo director do CINBIO Miguel Correa.

-Martes 22 marzo, 2022.

Ás 11.00h, na sala Seminarios CACTI - CINBIO (aforo limitado)

Visionado online - UVigo TV: https://tv.uvigo.es/cacti2