GL EN

Eventos

Xornada  “Fundraising inclusivo como forza de cambio social” 18 outubro 2024 Espazo INCUVI (Campus de Vigo)

Formación transversal

O  18 de outubro de 2024 en horario de 9.00h a 15.00h celebraremos a xornada  “Fundraising inclusivo como forza de cambio social”, organizada polo CINBIO.

Terá lugar no Espacio INCUVI do Campus de Vigo.

Esta xornada pretende ser un espazo para reflexionar sobre a sostibilidade financeira dun centro académico ó mesmo tempo que se mantén un ecosistema diverso, inclusivo e equitativo.

A xornada contará coa participación de diferentes axentes do ecosistema fundraising galego e nacional, e tratará de fomentar o fundraising no ámbito académico a través de coloquios, seminarios e casos de éxito explorando diferentes estratexias de sostibilidade económica e modelos de fundraising.

Os obxectivos desta xornada son os seguintes:

  • Abordar o fundraising na Universidade dende unha perspectiva inclusiva e de igualdade de xénero.
  • Proporcionar ferramentas que contribúan significativamente á sostibilidade económica futura no ámbito académico.
  • Promover o liderado inclusivo, co obxectivo de aumentar a diversidade nos roles de liderado da comunidade académica.
  • Fomentar a creación de espazos académicos máis diversos, inclusivos e equitativos.

A actividade, recoñecida con créditos ECTS para o alumnado da Universidade de Vigo, é gratuita e está aberta a toda a comunidade universitaria así como á participación cidadana.

Esta acción desenvólvese no marco das axudas para a organización de actividades que contribúen á sensibilización en materia de xénero e á trasmisión de valores igualitarios impulsadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

PROGRAMA

9:00-9:15 Presentación da xornada a cargo de autoridades invitadas. Diana Valverde, Subdirectora do CINBIO e Investigadora principal do laboratorio de Enfermidades Raras, encargaranse da apertura da xornada.

9:15-11:00 Fundraising no ámbito académico como estratexia de sostibilidade económica.

Relatores: Carmen Pérez Esparrells, Profesora de económicas e finanzas públicas na Universidad Complutense de Madrid e Gumersindo Feijoo, Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela.

Modera: Ángeles Peña Gallego

11:00-11:30 Pausa café

11:30-13:00 Diferentes modelos de fundraising. Sensibilizar sobre diferentes modelos de fundraising, para que serven e como permitirían crear unha rede de intercambio, colaboración e promoción da diversidade.

Relatoras: Ana Olveira, Presidenta de Cooperativas Espazocoop; Almudena Covelo, Responsable do equipo de fundraising da Fundación Amicos e Carmen Touza Touriño, Directora e fundadora de ENKI.

13:00-14:30 Fundraisers de éxito. Retos e reflexións. Líderes no fundraising reflexionan sobre as súas experiencias e as actitudes necesarias para a captación de fondos e o reto que supón no ámbito da innovación

Relatoras: (pendentes de confirmar).

15:00 Aperitivo-networking.

Para favorecer a interacción e a conversación entre relatoras/es e o público asistente ao final da xornada propónse unha sesión de aperitivo a modo networking.

DATA: Venres 18 de outubro de 2024

LUGAR: Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)

INSCRICIÓNS: Proximamente