GL EN

Eventos

Tese de doutoramento - María Gallardo Gómez 09 xuño 2022 Antigo Salón de Graos da Facultade de Bioloxía (UVigo)

O xoves 9 de xuño de 2022 ás 11:00h María Gallardo Gómez (Laboratorio de Enfermidades Raras) defenderá a súa tese de doutoramento baixo o título “Desenvolvemento de biomarcadores de metilación non invasivos para o cribado de cancro colorrectal.” Será no antigo Salón de Graos da Facultade de Bioloxía da UVigo (3ª planta, Bloque C).

"Unha das prioridades para a saúde pública en relación co cancro colorrectal é a súa detección precoz co obxectivo de diminuír a súa incidencia e a mortalidade que ocasiona. Nesta tese de doutoramento desenvolvemos novos biomarcadores non invasivos para a detección precoz de cancro colorrectal e lesións precancerosas de alto risco."