GL EN
Twitter bSky

Eventos

VI edición da xornada FALEMOS DE CIENCIA EN IGUALDADE: Por unha Wikipedia científica e galega 10 outubro 2025 Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)

Formación transversal

O proxecto “Falemos de ciencia en igualdade” xurdiu no ano 2020 para promover unha comunicación de ciencia máis inclusiva e equitativa no ámbito científico así como fomentar a visibilización das mulleres científicas. Unha formación transversal coa que, ano tras ano, pretendemos axudar ás persoas participantes a deseñar estratexias de divulgación científica que consideren a dimensión de sexo-xénero e a perspectiva de xénero.

Nesta sexta edición, que se celebrará o venres 10 de outubro de 2025, imos poñer o foco na Wikipedia como ferramenta de divulgación, unha plataforma moi utilizada pero que na actualidade mostra unha grande fenda de xénero: menos do 25% de presencia de biografías femininas, fronte as masculinas. Queremos visibilizar a muller tanto como protagonista na ciencia como na investigación e fomentar a comunicación inclusiva desde a perspectiva de xénero, visibilizando o traballo da muller científica e asegurando que o futuro da ciencia remate coa fenda de xénero nas STEM. 

Ademais o CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo,
lidera un novo proxecto co que se pretende incluír mulleres científicas galegas na Wikipedia. A través desta xornada, achegarase dito proxecto ás persoas asistentes, animándoas a ser partícipes do mesmo, e daranse as claves para convertirse en editora de Wikipedia, así como recomendacións para mellorar a redacción de textos divulgativos inclusivos.

Trátase dunha acción formativa desenvolvida e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na institución académica.

PROGRAMA

VI edición de FALEMOS DE CIENCIA EN IGUALDADE: Por unha Wikipedia científica e galega

9.00h | Apertura da xornada

Benvida institucional e presentación da xornada a cargo de:

  • Belén Rubio Armesto, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo.
  • Mar Fernández Cendón, técnica superior da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
  • Diana Valverde Pérez, subdirectora do CINBIO e investigadora principal do Laboratorio de Enfermidades Raras.

9.15h | Mulleres comunicando ciencia. A situación da comunicación e a divulgación científica dende a perspectiva de xénero.

  • Emma Torres Romay, decana e profesora titular da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo.

10.00h | A visibilidade das mulleres STEM en Wikipedia.

  • Isabel Zapico Gómez, wikipedista desde 2019 e membro do equipo motor de Wikiesfera, traballa para pechar a fenda de xénero en Wikipedia.

10.45h | Wiki Editoras Lx. Coñecemento libre e equidade.

  • Maite Sobrino González, consultora, wikimedista e responsable de Recadación de Fondos e Desenvolvemento Organizacional en Wiki Editoras Lx.

11.30h | Pausa café e networking

12.00h | Presentación do proxecto Máis científicas galegas na Wikipedia, liderado polo CINBIO. 

  • Lucas Vázquez Besteiro, investigador do grupo TeamNanoTech (TNT) e membro do Comité de RRI, Igualdade e non discriminación do CINBIO.

12.15h | Primeras recomendacións para editar na Wikipedia.

  • Isabel Zapico, wikipedista e membro do equipo motor de Wikiesfera.
  • Sabela Cebro, membro do equipo da WikiMorada, Nodo de Wikiesfera en Vigo.

13.15h | Coloquio aberto

  • Modera: Emma Torres Romay EMMA TORRES ROMAY
  • Participan: Isabel Zapico Gómez, Maite Sobrino González e Sabela Cebro.

14.30h | Aperitivo-networking

#HR #SomosCIGUS #FondosEuropeos

DATA: Venres 10 de outubro de 2025

LUGAR: Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)

Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario:

Formulario de asistencia




A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0

O CINBIO é un centro de investigación cofinanciado con fondos FEDER e adscrito á rede de centros CIGUS (Centros de Investigación del Sistema Universitario de Galicia), promovida e financiada pola Xunta de Galicia.