GL EN

Eventos

Vigo Contra o Cancro 05 outubro 2018

A iniciativa “Vigo Contra o Cancro” elixe o estudo BREOGÁN, coordinado dende o IIS Galicia Sur, para destinar os fondos da súa VI Carreira

Este ano, Vigo correrá para apoiar a investigación sobre o cancro de mama. A “VI Carreira Vigo Contra o Cancro” destinará os fondos recadados á iniciativa BREOGAN (Consorcio Galego de Cancro de Mama), promovida polo IIS Galicia Sur, en concreto ao seu proxecto europeo BRIDGES.

O obxectivo: detectar a enfermidade de forma precoz e facilitar a súa prevención e tratamento.

Colabora connosco, INSCRÍBETE!

A carreira terá lugar o vindeiro domingo 21 de outubro, en dúas modalidades: 5 km (non cronometrada) e 10 km (proba cronometrada). Tamén é posible colaborar co “dorsal cero“, mediante doazóns para apoiar a investigación. O recadado destinarase integramente ao proxecto BREOGAN e unha pequena parte, coma cada ano, ás actividades cos nenos de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Se queres saber máis, fai clic AQUÍ