GL EN
Twitter bSky

Eventos

Xornada de proxección do centro 2025-2026 17 decembro 2025 Sala CITEXVI

O mércores 17 de decembro celebraremos unha xornada especial do #teamCINBIO para compartir ideas, obxectivos e as liñas estratéxicas que marcarán o rumbo do noso centro no vindeiro ano.

Durante o encontro, recoñeceremos o traballo dos compañeiros e compañeiras que defenderon a súa tese de doutoramento ao longo deste 2025 cun pequeno agasallo, e tamén presentaremos as fotos finalistas do concurso de fotografía do CINBIO, culminando coa celebración do sorteo final 🎉.

📍 Lugar: Sala do edificio CITEXVI
🕛 Hora: 12:00 (pendente de confirmar)

Para rematar a xornada como se merece, compartiremos uns petiscos no corredor da Sala de Seminarios (entrada desde CITEXVI). Un momento perfecto para conversar e celebrar a chegada do Nadal en boa compañía 🥂.

👉 Inscrición previa obrigatoria a través do seguinte formulario:

teamCINBIO Inscrición xornada proxección 25-26

A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para o uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artigo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade do CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.