Eventos
O 18 de outubro de 2024 en horario de 9.00h a 15.00h celebraremos a xornada “Fundraising inclusivo como forza de cambio social”, organizada polo CINBIO.
Terá lugar no Espacio INCUVI do Campus de Vigo.
Esta xornada pretende ser un espazo para reflexionar sobre a sostibilidade financeira dun centro académico ó mesmo tempo que se mantén un ecosistema diverso, inclusivo e equitativo.
A xornada contará coa participación de diferentes axentes do ecosistema fundraising galego e nacional, e tratará de fomentar o fundraising no ámbito académico a través de coloquios, seminarios e casos de éxito explorando diferentes estratexias de sostibilidade económica e modelos de fundraising.
Os obxectivos desta xornada son os seguintes:
- Abordar o fundraising na Universidade dende unha perspectiva inclusiva e de igualdade de xénero.
- Proporcionar ferramentas que contribúan significativamente á sostibilidade económica futura no ámbito académico.
- Promover o liderado inclusivo, co obxectivo de aumentar a diversidade nos roles de liderado da comunidade académica.
- Fomentar a creación de espazos académicos máis diversos, inclusivos e equitativos.
A actividade, recoñecida con créditos ECTS para o alumnado da Universidade de Vigo, é gratuita e está aberta a toda a comunidade universitaria así como á participación cidadana.
Esta acción desenvólvese no marco das axudas para a organización de actividades que contribúen á sensibilización en materia de xénero e á trasmisión de valores igualitarios impulsadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
PROGRAMA
9:00-9:15 Presentación da xornada a cargo de autoridades invitadas. Diana Valverde, Subdirectora do CINBIO e Investigadora principal do laboratorio de Enfermidades Raras, encargaranse da apertura da xornada.
9:15-10:30 Fundraising no ámbito académico como estratexia de sostibilidade económica.
Relatoras/es: Carmen Pérez Esparrells, profesora titular do Dpto. de Economía e Facenda Pública na Universidad Autónoma de Madrid (UAM) e Gumersindo Feijoo, Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela.
Modera: Ángeles Peña Gallego, Profesora do Departamento de Química Física e Decana da Facultade de Química da Universidade de Vigo.
10:30-11:00 Pausa café
11:00-13:00 Diferentes modelos de fundraising. Sensibilizar sobre diferentes modelos de fundraising, para que serven e como permitirían crear unha rede de intercambio, colaboración e promoción da diversidade.
Relatoras/es: Almudena Covelo, Responsable do equipo de fundraising da Fundación Amicos; Ana Olveira, Presidenta de Cooperativas Espazocoop; Sara González Iglesias, Terapeuta Ocupacional en Fundación ENKI e Xavier Fontcuberta, Coordinador de Programas da Fundación Roberto Rivas.
Modera: Noa Caramés Vila, Responsable da Unidade de Xestión do CINBIO (Universidade de Vigo).
13:00-14:30 Mesa Redonda: Retos e reflexións en fundraising. Experiencias e actitudes necesarias para a captación de fondos e o reto que supón no ámbito da innovación.
Participantes na mesa: Leire López Rico, Responsable da área de estratexia financieira de Envita; Iván García Besada, CEO e Cofundador de Néboda Farms e Manuel Noia, CEO en Linknovate.
Modera: Maruxa Álvarez Jiménez, Directora da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade da UVigo.
14:30 Aperitivo-networking.
Para favorecer a interacción e a conversación entre relatoras/es e o público asistente ao final da xornada propónse unha sesión de aperitivo a modo networking.
DATA: Venres 18 de outubro de 2024
LUGAR: Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)