Novas
A investigadora Verónica Salgueiriño, líder do Grupo de Materiais Híbridos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), é unha das dez científicas da Universidade de Vigo que protagonizan a terceira edición do libro ilustrado 'Quero ser investigadora', promovido por Unidade de Cultura Científica e da Innovación da institución, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT).
O propósito deste proxecto ilustrado, que forma parte das actividades do plan Ciencia de Ida e Volta da UCC+i da Universidade de Vigo, é visibilizar o traballo das investigadoras e proporcionar referentes actuais en ciencia ás nenas e mozas da nosa contorna. Nesta ocasión, Olalla Fernández Álvarez foi a encargada de realizar as ilustracións que acompañan ás dez historias que, en primeira persoa, realatan a traxectoria profesional das dez científicas protagonistas no eido da investigación.
Ilustración de Verónica Salgueiriño, realizada por Olalla Fernández Álvarez
A través deste volume, dirixido especialmente a alumnado de Secundaria, Verónica Salgueiriño transmítelle aos futuros lectores a súa paixón pola aplicación dos materiais nanométricos á bioloxía e á saúde das persoas. Salgueiriño agarda que as súas investigacións sirvan para impulsar avances nos eidos da saúde e da espintrónica, unha rama da ciencia que aproveita propiedades dos electróns.
Podes completar a información nesta nova do DUVI.
Outros medios de comunicación fixéronse eco desta nova: