GL EN
Twitter bSky

Novas

21 novembro 2025CINBIO finalista en dúas categorías dos premios IPFEST 2026

Divulgación e Impulso investigador á transferencia do coñecemento. Estas son as dúas categorías nas que o CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidadede Vigo e pertencente á Rede CIGUS, acadou o posto de finalista na V edición dos Premios Nacionais á Transferencia do Coñecemento, coñecidos como IPEFEST.

O festival científico "CinVigo. Ciencia na rúa" foi o proxecto do CINBIO seleccionado como finalista na categoría de divulgación. Un proxecto que, grazas ao apoio da FECYT, xa conta con tres edicións e unha cuarta en preparación, que terá lugar no mes de abril do vindeiro ano.

Pola súa banda, a unidade de xestión do CINBIO foi finalista na categoría Impulso investigador á transferencia do coñecemento, pola súa contribución á transferencia efectiva dos resultados e o seu esforzo para empoderar ao persoal investigador do centro.

A gala de entrega de premios tivo lugar este xoves de xeito simultáneo en todas as Comunidades Autónomas. No caso de Galicia, o Auditorio Mar de Vigo acolleu este evento, que naceu para recoñecer o traballo realizado no eido da transferencia e inspirar ás novas xeracións de profesionais da innovación e o benestar social.