Novas
O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo xa é socio do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (BIOGA), unha asociación empresarial sen ánimo de lucro que da soporte á cadea de valor do sector biotecnolóxico con actividade en Galicia.
Desde BIOGA búscase mellorar o posicionamento do sector biotecnolóxico galego, mediante o impulso de accións e servizos directamente dirixidos aos membros deste ecosistema, co fin de xerar negocio e mellorar a súa competitividade.
Para un centro de investigación como o CINBIO é un orgullo formar parte desta iniciativa e compartir espazo co resto de entidades socias para fomentar a transferencia do coñecemento e consolidar o tecido biotecnolóxico galego.