GL EN

Novas

28 maio 2021#conversasCINBIO con GCiencia

No CINBIO presentamos as #conversasCINBIO, unha serie de entrevistas en directo con varias das nosas investigadoras e investigadores principais que fará GCiencia todos os martes de xuño ás 20:00h na súa canle de YouTube. A primeira cita será o próximo martes 1 de xuño con Miguel Correa (o director do centro) e nas seguintes semanas contaremos con representantes das catro áreas principais do CINBIO: medicina molecular, nutrición e benestar, nanomateriais e informática para a saúde e bioestatística.

Podes ler máis sobre esta iniciativa na seguinte ligazón:

- Artigo de GCiencia

Mira todas as entrevistas aquí:

- Miguel Correa (TeamNanoTech)

- Ana Gago (Innovación en Agroalimentación e Saúde)

- Jacobo de Uña (SiDOR)

- David Posada (Filoxenómica)

- Isabel Pastoriza (FunNanoBio)