Novas
O premio Nobel Erwin Neher foi un dos inventores da técnica de Patch-Clamp, empregada no Laboratorio de Neurociencia do CINBIO. Pola mañá terá lugar un encontro con investigadores no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. Pola tarde o Profesor Neher dará unha charla no Domus, e despois da conferencia haberá un encontro para un grupo reducido de investigadores, entre os que se atopa o profesor Jose Antonio Lamas.