GL EN

Novas

19 xaneiro 2024Entrega de premios do concurso de fotografía do CINBIO 2023

Hoxe tivo lugar a entrega de premios do concurso de fotografía do CINBIO, un certame que o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, centro cofinanciado con fondos FEDER, celebra desde hai tres anos co fin de promocionar o traballo desenvolvido neste centro de investigación a través de fotografías realizadas polo persoal do mesmo no seu día a día nos laboratorios. As doce fotografías finalistas, elixidas por un xurado especializado, xa forman parte do calendario do CINBIO para este recén estreado 2024.

Nesta ocasión, a primeira gañadora foi Marta Barandela González, investigadora do grupo Neurocircuits, pola súa participación coa fotografía "A perla do ollo", unha microfotografía realizada cun microscopio de campo claro, na que se mostra un corte de ollo de lamprea da especie Petromyzon marinus cunha tinguidura de hematoxilina-eosina. 

Marta Barandela recibe o primeiro premio da man de Diana Valverde

Dentro deste acto tamén se realizou o sorteo entre as e os participantes finalistas, no que Mercedes Peleteiro, do servizo de Citometría, resoltou ser a afortunada grazas á súa participación coa fotografía "Macro-festa", na que se poden observar o que fan os macrófagos cando se lles dan nanopartículas para fagocitar.

Mercedes Peleteiro e Marta Barandela, gañadoras do concurso de fotografía CINBIO 2023

Os premios de ambas, entregados pola subdirectora do CINBIO Diana Valverde, consisten nunha cámara fotográfica instantánea e na posibilidade de asitir un congreso da súa elección. 

Moitos parabéns ás dúas e grazas a todas as artistas do CINBIO pola gran participación!