Novas
O CINBIO lanza un ano máis o seu concurso de fotografía científica, que este ano celebra a súa terceira edición.
O III Concurso de fotografía CINBIO (2023) é unha iniciativa organizada polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, para promocionar o traballo desenvolvido neste centro de investigación a través de fotografías realizadas polo persoal do mesmo no seu día a día.
O obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía xeral mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas que conformará o calendario CINBIO 2024. Con esta iniciativa tamén se trata de promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.
As 12 fotografías finalistas formarán parte do calendario CINBIO 2024. O autor ou autora da fotografía considerada como gañadora do concurso, terá como premio a asistencia a un congreso* a escoller (ata 1000€) e unha cámara instantánea. Ademáis, os 11 finalistas restantes participarán no sorteo dun lote de premios igual ao lote gañador.
Descarga as bases do concurso aquí.