Novas
A búsqueda de novas estratexias de captura de enerxía solar con materiais orgánicos sostibles é a esencia do proxecto Catarsis (Climate AdapTAble bioinSpired polarItonic energy harvesterS), seleccionado dentro da convocatoria estatal de Proxectos orientados á transición ecolóxica e dixital, e liderado polas investigadoras Isabel Pastoriza e Sara Núñez, do Grupo de NanoBioMateriais Funcionais (FunNanoBio) do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO).
Este proxecto de investigación, que arrancou en decembro de 2022, terá unha duración de dous anos, ao longo dos cales buscarase na natureza a inspiración e sabedoría para atopar respostas á crise climática e conseguir novas tecnoloxías enerxéticas. O seu obxectivo principal é “desenvolver os fundamentos dunha nova tecnoloxía de captación de enerxía solar inspirándonos na natureza, máis concretamente, en como a enerxía é capturada e transportada na fotosíntese”, explican as investigadoras do CINBIO.
Podes ler a nova completa no DUVI.
Varios medios de comunicación fixéronse eco desta nova: