GL EN

Novas

11 outubro 2024Investigadores do grupo ORCHID do CINBIO visitan ao estudantado do Colexio Sagrada Familia de Aldán

Este venres, a investigadora Rosana Álvarez e o investigador Óscar Iglesias, ambos do grupo de Química Orgánica (ORCHID) do CINBIO (centro cofinanciado con Fondos FEDER), realizaron unha visita moi especial ao Colexio Sagrada Familia de Aldán, en Cangas do Morrazo. 

A visita formou parte dunha actividade sobre a igualdade de xénero no ámbito laboral, centrada neste caso no ámbito científico. As rapazas e rapaces de terceiro e cuarto de ESO tiveron a oportunidade de entrevistar en persoa á catedrática Rosana Álvarez. Ademáis, o investigador Óscar Iglesias realizou varios experimentos, como a demostración da síntese do nilon, para amosarlle ao alumnado en que consiste o traballo dun químico orgánico.

Foi unha xornada moi enriquecedora. Desde o CINBIO agardamos seguir achegando a ciencia dun xeito práctico e ameno ao estudantado da nosa contorna.