GL EN
Twitter bSky

Novas

10 xullo 2025Máis de 200 investigadores afondan no 8º Annual Meeting do CINBIO nas novas ferramentas para a medicina do futuro

230 investigadoras e investigadores noveis e experimentados participan estes xoves en venres no museo Marco de Vigo no 8º Annual Meeting do CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS. Baixo o lema Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future o persoal investigador compartirá os seus coñecementos en ámbitos como a química, a física, nanotecnoloxía e saúde, co obxectivo de visibilizar as novas ferramentas para a medicina do futuro. Precisamente, a mutidisciplinariedade de ámbitos de traballo das e dos participantes foi a circunstancia á que se referiron na inauguración do encontro o director do CINBIO, Miguel Correa; o membro do comité organizador do Annual Meeting, Stefanos Mourdikoudis e a decana da Facultade de Química, Ángeles Peña. “Gozade do evento e da cidade”, dixo Correa aos participantes dunha xuntanza que “é unha mestura entre química, bioloxía, física, enxeñaría…. Esta variedade de campos de traballo representa ben ao CINBIO”, sinalou o director do centro que destacou a importancia desta mestura de coñecementos para facer que as cousas funcionen.

Miguel Correa e Ángeles Peña durante a inauguración

Pola súa banda, a decana da Facultade de Química da UVigo, Ángeles Peña, referiuse as posibilidades que a exploración da interconexión entre diferentes ámbitos de traballo achega ao persoal investigador novo e ao experimentado de diversas disciplinas. “Estou segura que o intercambio de ideas xerará novas perspectivas e traerá interesantes colaboracións”, dixo Peña, mentres que desde o comité organizador do Annual Meeting Stefanos Mourdikoudis agradeceu a participación do persoal investigador e a súa diversidade.

Ponencias, charlas curtas e paneis

A investigadora Annemiek van Spriel da Universidade Radboud (Países Baixos), foi a encargada de ofrecer o primeiro relatorio da reunión, logo da presentación da catedrática de Inmunoloxía da UVigo África González, titulado Tetraspanins: Molecular Organisers of the Immune Cell Surface. Pola súa banda, Clement Sánchez, director do Laboratorio de Química da materia condensada na Universidade Pierre y Marie Curie (Sorbonne Université-UPMC), será o encargado de abrir a sesión do venres coa ponencia Integrative chemistry of functional nanostructured and hierarchically structured inorganic and hybrid materials.

Annemiek van Spriel

Jaime Martín Pérez

Susana Carregal

Alicia Torrado

Verónica Montes

Clément Sánchez

Martina Huranova

Rui Miguel Andrade

Mesa redonda

As e os relatores e panelistas, boa parte deles persoal investigador da Universidade de Vigo (especialmente do CINBIO) e doutros centros de investigación de Vigo (IEO-CSIC, IISGS) e outras institucións de Galicia (USC, IDIS, UDC); así como de Portugal (INL, Universidade de Minho, Universidade de Porto),centran as súas achegas á reunión nas dúas grandes áreas de investigación do CINBIO: os nanomateriais e a biomedicina.

Gañadores ao mellor póster e mellor short talk

Comité organizador e comité científico

Foto grupal

Sobre CINBIO

CINBIO é un centro de investigación da Universidade de Vigo, especializado en nanomaterias e biomedicina. Ademais, conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.

Fonte: DUVI