GL EN

Novas

04 xuño 2024O grupo CellCOM coordina un encontro aberto ao público da UVigo como parte do proxecto europeo Twinflag

O proxecto europeo Twinflag promove actividades como xornadas científicas para fomentar o desenvolvemento de novas colaboracións e ideas entre o persoal investigador do consorcio e os seus centros de investigación. A próxima xuntanza no marco deste proxecto europeo terá lugar entre o 11 e o 15 de xuño na Universidade de Vigo e no seu Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), baixo a organización do grupo CellCOM, liderado no mesmo centro pola investigadora María Mayán.

O encontro inclúe unha axenda de actividades abertas á comunidade universitaria da UVigo:

Todas as sesións estarán abertas ao público, ofrecendo unha oportunidade única para que o persoal investigador da Universidade de Vigo coñeza o traballo que se realiza nos diferentes grupos de investigación e participe en discusións sobre os últimos avances en biomedicina.