GL EN

Novas

04 outubro 2023O investigador do CINBIO David Posada recibe unha Medalla de Investigación 2023 outorgada pola RAGC

O líder do grupo de Filoxenómica do CINBIO e catedrático da Universidade de Vigo David Posada recibiu este mércores unha das Medallas de Investigación 2023 outorgadas pola Real Academia Galega de Ciencias, RAGC. O acto, celebrado no salón nobre do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela, coincidiu coa celebración do Día da Ciencia en Galicia. Xunto a Posada, a relación de persoas galardoadas coas Medallas de Investigación que concede a RAGC complétase co tamén catedrático da Universidade de Vigo Fernando Obelleiro, cos docentes Aurora Grandal e Ricardo Cao, da Universidade da Coruña, e Jesús Salgado, da Universidade de Santiago de Compostela.

David Posada coa medalla (Fotos: Suso Rivas)

O investigador do CINBIO David Posada recibiu a medalla Ángeles Alvariño González no ámbito da Bioloxía e as Ciencias da Saúde, unha distinción coa que a RAGC recoñece o labor dun científico cunha longa traxectoria profesional no campo da evolución molecular e a bioloxía computacional. Destacan os seus achados para a reconstrución de árbores filoxenéticas a través de ferramentas bioinformáticas; así como os seus estudos sobre a orixe e evolución do VIH, virus causante da SIDA. Actualmente lidera o grupo de Filoxenómica no seo do Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, da Universidade de Vigo, que se centra na evolución molecular de xenomas, células, poboacións e especies.

Fonte: DUVI

Esta nova foi publicada en varios medios de comunicación: