Novas
O proxecto PolyDeep, liderado por Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING, acaba de recibir un dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2022 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.
Concetamente o galardón recibido é o Premio Francisco Guitián Ojea, recoñecendo PolyDeep como un traballo "de investigación aplicada, dirixido a recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia."
O premio está dotado coa cantidade de 6.000€ e o acto de entrega celebrouse o 15 de xuño ás 19:00h no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela.
Aquí podes ler os artigos dos diferentes medios que recolleron a nova: