GL EN

Novas

19 xuño 2023Persoal investigador do CINBIO e do CNIO desenvolven o programa informático PanDrugs2

O programa PanDrugs2 busca os fármacos máis eficaces para o cancro de cada paciente.

Persoal investigador do grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) e da Unidade de Bioinformática do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) colaboran no desenvolvemento do programa informático PanDrugs2, que acaba de ser lanzado co obxectivo de xerar informes de utilidade nas decisións clínicas na procura dos fármacos máis eficaces para cada tipo de cancro, analizando as alteracións xenéticas e relacionándoas con medicamentos dispoñibles.

O seu desenvolvemento foi co-dirixido por Fátima Al-Shahrour, xefa da Unidad de Bioinformática do CNIO, e Daniel González Peña, investigador do grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING Research Group) no CINBIO. Completa o equipo participante neste proxecto por parte do CNIO Elena Piñeiro, Gonzalo Gómez, Santiago García, Paula Gómez e Mª José Jiménez e por parte da UVigo Alba Nogueira, Hugo López e Miguel Reboiro. Contou con financiamento do Instituto de Salud Carlos III, Feder, Agencia Estatal de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación e Xunta de Galicia.

Podes ler a nova completa no DUVI.

A nova tamén se recolleu nos seguintes medios de comunicación: