GL EN

Novas

21 abril 2023Persoal investigador do CINBIO participa na expo-feira científica "A ciencia que vén ten nome de muller"

Investigadores e investigadores do grupo de NanoBioMateriais Funcionais e do grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible do CINBIO participaron ao longo da xornada de hoxe na expo-feira científica "A ciencia que vén ten nome de muller", organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, e que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT); así coma coa colaboración do Concello de Vigo. Unha xornada que tivo lugar na praza do Berbés e na que, a pesares da chuvia inicial, a cavitavada de Vigo gozou dos experimentos preparados polo persoal investigador.

A xornada comezou ás 12:00 horas cunha visita concertada co alumnado de 5º de primaria do CEIP García Barbón de Vigo e, á tarde, a partir das 16:00 horas, abriuse o recinto ao público xeral ata as 19:30 horas. 

O evento rematou cunha conferencia de peche no Edificio Redeiras, a cargo de Nair Varela Rouco, investigadora en evolución do cancro e membro do CINBIO. Na súa charla, fixo un percorrido por historias de mulleres relevantes na investigación.

Podes ampliar a información nesta nova do DUVI.