Novas
Esta semana contamos con Gavin Lucas e Tobias Maier como profesores de dous cursos dirixidos á mellora das capacidades organizativas e de traballo dos nosos persoal investigador predoutoral e posdoutoral.
O luns 7 e martes 8 de febreiro foi a quenda de 16 estudantes de doutoramento co workshop Core Communication Skills, Time & Project Management:
O mércores 9 e xoves 10 de febreiro os nosos investigadores/as posdoutorais puideron sacar proveito do curso Managing myself & working with my team: A skills upgrade for Postdocs, máis enfocado á xestión de equipos.
Moitas grazas a Tobias Maier e Gavin Lucas (The Paper Mill) polas súas ensinanzas e a súa gran implicación!