Novas
Un ano máis, o CINBIO lanza o seu concurso de fotografía científica, que nesta ocasión chega á súa quinta edición.

O V Concurso de fotografía CINBIO (2025) é unha iniciativa promovida polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, e pertencente á Rede CIGUS, co obxectivo de promocionar o traballo desenvolvido no centro a través de fotografías realizadas polo seu persoal investigador.
O propósito é achegar a ciencia á cidadanía xeral mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas que conformarán o calendario CINBIO 2026. Con esta iniciativa tamén se trata de promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.
Seleccionaranse 12 fotografías finalistas que conformarán o calendario CINBIO 2026. A fotografía gañadora do concurso obterá como premio unha formación* (a asistencia a un congreso, curso ou similar) valorada en 1000 €*. Ademais, as 11 persoas finalistas restantes entrarán no sorteo dun premio de iguais características.
O prazo para presentar as obras estará aberto do 15 de outubro ao 10 de novembro de 2025 (12.00h).
Descarga as bases do concurso aquí.
O CINBIO é un centro de investigación cofinanciado con fondos FEDER e adscrito á rede de centros CIGUS (Centros de Investigación del Sistema Universitario de Galicia), promovida e financiada pola Xunta de Galicia.
#teamCINBIO #FondosEuropeos #CIGUS