Novas
Este venres celebramos a Xornada "O Doutoramento e máis aló: investigación, emprendemento e empresa", un evento presencial que tamén se puido seguir en streaming organizado por CINBIO xunto a Área de Emprego e Emprendemento e a Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo. O seu obxectivo: dar a coñecer todas as posibles saídas tras obter un doutoramento.
A xornada estivo composta por varias mesas e intervencións individuais de profesionais con perfís moi diferentes, entre eles Lucas V. Besteiro e África González do #teamCINBIO. Pola tarde, rematouse co taller presencial "Primeiros pasos para facerte un oco no mercado", no que se traballou sobre a busca de empregabilidade, o autocoñecemento e as claves para construír un bo CV.
Varios medios cubriron este evento:
Fotos da xornada: