GL EN

Formación

Cinbio, Programas de Mestrado

Formación

O centro posúe uns laboratorios modernos, cun equipamento sofisticado e cun persoal experto. Estas características, unidas á súa situación xeográfica no sur de Galicia que facilita o acceso a outras empresas do sector biotecnolóxico, aumentan as oportunidades para investigadoras e investigadores que se queiran formar connosco.

A oferta formativa do CINBIO inclúe unha gran variedade de programas de mestrado e doutoramentos pertencentes á Universidade de Vigo.

Programas de Mestrado

Os mestrados correspondentes ao campo biomédico que ofrece a Universidade de Vigo están coordinados por investigadores e investigadoras principais do centro:

Cinbio, Formación

Programas de Doutoramento

A través da Universidade de Vigo, tamén temos dispoñibles unha gran variedade de programas de doutoramento. O centro é moi activo no aspecto académico-formativo e nos últimos anos (durante o período 2019/2020) foron lidas un total de 11 teses de doutoramento baixo a supervisión dos investigadores e investigadoras principais dos grupos do CINBIO.

No campo biomédico, sete dos programas de doutoramento están coordinados por investigadoras e investigadores do centro e moitos outros son docentes nestes. A continuación, amósase a oferta formativa:

Cinbio, Formación