Expresión de Interese - Técnica/o de apoio en nanofabricación robotizada
Expresión de Interese - Técnica/o de apoio en nanofabricación robotizada
A Universidade de Vigo inicia o procedemento de preselección de candidaturas para presentar unha solicitude ás axudas para contratos de Persoal Técnico de I+D+i 2024 convocadas pola Agencia Estatal de Investigación que se pode consultar no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1460
Para poder presentar unha declaración de interese deben seguirse o procedemento interno indicado nas instrucións. O prazo rematará o 14 de novembro.
PRAZA 8 – Técnica/o de apoio en nanofabricación robotizada – Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina CINBIO.
Requisitos:
a) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
1º Titulación universitaria: Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao, Máster, Diplomatura, Enxeñaría Técnica ou Arquitectura Técnica.
2º Titulación no marco da formación profesional do sistema educativo: Técnico Superior.
As persoas participantes deberán estar en posesión da titulación na data de finalización do prazo de presentación da solicitudes, 26 de novembro de 2024 .
b) Non estar disfrutando nin disfrutar en data posterior, dun contrato cofinanciado polas axudas concedidas por esta actuación en convocatorias anteriores.
c) Non estar vinculada laboralmente coa Universidade de Vigo no momento actual nin estalo antes do 4 de decembro de 2024.
Características dos contratos
- Duración dos contratos: 3 anos, contados desde a data de incorporación da/o
técnica/o ao posto de traballo na Universidade de Vigo. Esta data será proposta pola
Universidade dentro dun prazo de tres meses contados dende o día seguinte á data de
publicación da resolución de concesión na páxina web da Agencia Estatal de
Investigación e será necesariamente o día 1 do mes que corresponda.
- Retribución bruta anual:
24.300 euros no caso de persoas tituladas universitarias (licenciatura, enxeñería,
arquitectura, grao, máster, diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica)
20.300 euros no caso de persoal tituladas como Técnico/a Superior no marco da
formación profesional do sistema educativo.
En todos os casos, a contratación das persoas seleccionadas estará condicionada á concesión
da axuda solicitada pola Universidade de Vigo.
MÁIS INFORMACIÓN:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1460