Filoxenómica - Técnico en bioloxía celular e molecular
Filoxenómica - Técnico en bioloxía celular e molecular
Ofrécese unha praza como Técnico de laboratorio de bioloxía molecular e celular para traballar no proxecto MICINN (PID2019-106247GB-I00) “Heterogeneidad genómica de las células tumorales circulantes” (IP: David Posada; Universidade de Vigo; http://darwin.uvigo.es).
Condicións de traballo: duración inicial de 6 meses con posibilidade de prórroga, cun salario bruto anual de 15.000€ en 12 pagas. Incorporación inmediata.
Lugar de traballo: O traballo realizarase entre o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).
Funcións do posto:
- Manter cultivos celulares.
- Executar técnicas experimentais básicas con animais de laboratorio (roedores): anestesia, analxesia, procedementos cirúrxicos, etc.
- Extraer e procesar mostras biolóxicas de animais de laboratorio.
- Manipular mostras de sangue humanas.
- Extraer ADN/ARN.
- Determinar a concentración e a calidade de mostras de ADN/ARN.
- Organizar e almacenar mostras de sangue, tecidos e ADN/ARN.
- Manter o stock e inventario de reactivos de laboratorio.
Perfil buscado:
Requisitos mínimos
- Estar en posesión do título de Técnico superior de laboratorio (FP): especialidade afín á Biomedicina. Non se valorarán candidatos sen esta titulación.
- Estar en posesión do título de capacitación para realizar procedementos en animais de laboratorio e eutanasia (b e c) (de acordo coa Directiva UE 63/2010, RD 53/2013 e ECC/566/2015).
- Experiencia en modelos de xenograft, procesamento e toma de mostras de roedores.
- Coñecemento das normas de boas prácticas de laboratorio (BPL) e dos procesos de rutina e experimentais con animais.
- Experiencia en técnicas de bioloxía celular/molecular: cultivo celular, illamento de ADN e ARN, PCR e qPCR.
Requisitos valorables:
- Experiencia con cultivos celulares.
- Experiencia en illamento de poboacións celulares sanguíneas e técnicas de inmunofluorescencia.
- Experiencia en extraccións de ácidos nucleicos a partir de sangue, células e tumores.
- Experiencia demostrable en investigación biomédica.
- Experiencia mínima de 2 anos en traballo de laboratorio.
- Nivel de inglés B2 "Marco Común Europeo de Referencia para las lenguas (MCREL)" ou similar.
Presentación de candidaturas:
As persoas interesadas deben enviar o seu CV e dous contactos de referencia a xb5lab@gmail.com, indicando “técnico lab 2021” no suxeito do correo, ata o 20 de xuño de 2021.