GL EN

Servizos

Cultivo celular

Cultivo celular

A Unidade de Preparación de Mostras conta tamén con un laboratorio de uso común para o persoal do CINBIO que ofrece equipamento e espazo, en condicións adecuadas, para que o persoal investigador poida traballar en réxime de auto servizo cultivando as súas células.

Todos os usuarios e usuarias que necesiten traballar no laboratorio de cultivos celulares deben entregarlle á persoa responsable do laboratorio o formulario de solicitude (Word/PDF) cuberto coa máxima información posible. Este formulario deberá actualizarse cada vez que se cambie de liña de traballo. 

Ademais, daráselle unha breve introdución ao funcionamento do laboratorio e un manual de usuario/a.

O usuariado deberá reservar os equipos dispoñibles no laboratorio a través da plataforma LIMS. É importante cumprir os tempos de reserva para que todas as persoas que os utilicen poidan planificar o seu traballo. 

 

Os equipos dispoñibles son:

  • Dúas cabinas de seguridade biolóxica Telstar Bio II Advance

    Unha incubadora a 37 oC 5 % CO2 Panasonic

    Un microscopio indirecto para a visualización rutineira das células

    Dúas centrífugas Hyroxen para tubos e placas

    Unha microcentrífuga Gyrozen para tubos pequenos

    Neveira e conxelador para reactivos e material básico necesario

    Tanque de criopreservación (PDF solicitude)