GL EN

Diversidade e inclusión

Directorio resolución de conflictos

Na búsqueda continua por facer do CINBIO un lugar de traballo xusto e acolledor para todas as persoas que o fan funcionar, desde o Grupo de Traballo de Igualdade, RRI e Non Discriminación iniciamos unha nova acción para ofrecer un servicio de mediación á nosa comunidade. O noso principal obxectivo é proporcionar unha plataforma para apoiar a calquera membro do #teamCINBIO na resolución de posibles conflictos, con outros membros desta comunidade, que poidan estar afectando ao seu desempeño profesional e/ou benestar persoal.

Este será un servicio construido coa axuda de persoas mediadoras voluntarias, que pertencerán a calquera perfil, tanto laboral como estudantil, do centro. Estas persoas mediadoras, recibirán unha formación e unhas pautas e información para capacitalas na súa función de prestar esta mediación/axuda ante unha solicitude de asistencia. Contaremos cun directorio público de mediadorxs voluntarixs, de modo que se queres solicitar unha mediación poderás escoller a alguen con quen estés máis en sintonía e que ademais non teña en xogo ningún conflicto de interese persoal ou profesional co teu caso.


Se te gustaría presentarte como voluntari@ para participar neste servizo, envíanos por favor os teus datos de contacto a través deste formulario!

Mediation service