GL EN

Diversidade e inclusión

Punto Violeta

Seguindo a política de igualdade do centro e en liña coa Axenda 2030, no CINBIO trabállase para favorecer a igualdade e a inclusión, garantindo que todas as persoas que forman o CINBIO “poidan desenvolver a súa actividade investigadora e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencia de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos”.

O Punto violeta do CINBIO nace co obxectivo de promover a igualdade a través da información con  bibliografía de interese e ligazóns que poden ser de utilidade. Un punto de encontro no que ten cabida todo tipo de información relacionada con esta temática (aberto a suxestións) e que pretende potenciar a cultura da igualdade dentro do centro, promover o equilibrio de xénero e a sensibilización en valores igualitarios.

No punto violeta temos dispoñible a seguinte bibliografía.

Os libros poden usarse en cosulta no espazo destinado pero, se queres levalo para a túa casa en préstamo (un máximo de 15 días) é necesario inscribirse no seguinte formulario:

Non atopas un libro desta temática que pode ser boa idea para o punto violeta? Queres engadir algún qr de interese? Envíanos as túas suxerencias! Grazas