GL EN

Misión, visión e valores

CINBIO, investigadores e investigadoras do máis alto nivel

O noso obxectivo fundamental é multiplicar o retorno á sociedade e protexer o futuro da investigación en forma de profesionais e de transferencia do coñecemento científico. Para asegurar o futuro da investigación, desde o centro tratamos de espertar a inquietude de mozas e mozos investigadores e atraer o talento de investigadoras e investigadores consolidados co fin de desenvolver un centro de investigación multidisciplinario de referencia e con prestixio internacional.

A nosa meta é consolidar o CINBIO como centro de referencia para a innovación en sectores como o ámbito biotecnolóxico e biomédico, a través da excelencia e a súa proximidade ás necesidades da sociedade.

Cinbio, investigadores e investigadoras do máis alto nivel

Tendo en conta todo isto, e en consonancia coas estratexias europea, nacional e autonómica da saúde, a misión do CINBIO é crear e transferir coñecemento e innovación nos campos biomédico e dos nanomateriais, sempre baixo un enfoque colaborativo e multidisciplinario. Para acadala, traballamos diariamente co fin de reforzar a capacidade de investigación dos grupos e o seu posicionamento internacional; levamos a cabo investigacións de calidade, desenvolvemos infraestruturas; colaboramos en programas de investigación conxuntos con outras entidades tanto nacionais coma internacionais; participamos en programas docentes para incrementar o número de profesionais nos campos da biomedicina e da bioteconoloxía; e promovemos a explotación dos resultados de investigación a través de contratos, patentes e licenzas e creación de novas empresas (spin-off). Ademais, apostamos pola redución do desequilibrio existente aínda hoxe entre homes e mulleres na ciencia e na tecnoloxía, así como en postos de liderado científico, nun centro no que máis da metade do persoal científico investigador son máis dun 35% ocupa postos de liderado.

Na liña anterior, os principais valores do centro son os seguintes:

  • Multidisciplinariedade, integración e cooperación

    Fomentamos a cooperación entre grupos de áreas diferenciadas para a creación de sinerxias

  • Profesionalidade das infraestruturas e plataformas tecnolóxicas

    Contamos cun persoal técnico experimentado tanto no CINBIO coma nos centros asociados

  • Mocidade, liderado e creatividade

    Formamos parte dunha das cen mellores universidades con menos de cincuenta anos (Times Higher Education), con grupos emerxentes e consolidados líderes en investigación internacional

  • Ética e transparencia

    Tanto na investigación biomédica coma na experimentación animal

  • Integración

    Comprometidos coa igualdade de xénero e co fomento do liderado feminino

  • Compromiso coa sociedade

    A través de actividades de divulgación, portas abertas, presenza en medios de comunicación e eventos para achegarlle a ciencia á sociedade

  • Apertura a empresas

    Ofrecemos actividades formativas e de desenvolvemento de proxectos ou transferencia de tecnoloxía

  • Orientación a resultados

    As nosas investigacións oriéntanse a ser aplicadas na sociedade

  • Internacionalización

    Ampla rede de colaboracións con centros e con redes internacionais

  • Espírito de mellora

    Sexa en investigación, divulgación científica ou adaptación aos medios e ás redes sociais, sempre intentamos seguir mellorando