Servizos

Cultivo celular
A Unidade de Preparación de Mostras conta tamén con un laboratorio de uso común para o persoal do CINBIO que ofrece equipamento e espazo, en condicións adecuadas, para que o persoal investigador poida traballar en réxime de auto servizo cultivando as súas células.
Todos os usuarios e usuarias que necesiten traballar no laboratorio de cultivos celulares deben entregarlle á persoa responsable do laboratorio o formulario de solicitude (Word/PDF) cuberto coa máxima información posible. Este formulario deberá actualizarse cada vez que se cambie de liña de traballo.
Ademais, daráselle unha breve introdución ao funcionamento do laboratorio e un manual de usuario/a.
O usuariado deberá reservar os equipos dispoñibles no laboratorio a través da plataforma LIMS. É importante cumprir os tempos de reserva para que todas as persoas que os utilicen poidan planificar o seu traballo.
