Servizos
Citometría de Fluxo
Este servizo pertence á Unidade de Caracterización e ofrece aos grupos de investigación do CINBIO así como a grupos externos, tanto apoio técnico como asesoramento para o deseño de experimentos, selección de marcadores, adquisición e análise de mostras, e discusión e redacción dos resultados obtidos.
A citometría de fluxo é unha ferramenta que permite facer unha análise multiparamétrica (tamaño, complexidade, cantidade de ADN, fenotipo, etc.) de mostras formadas por suspensións celulares ou subcelulares con distinta procedencia.
Proporciona moita información rapidamente obtendo datos moi representativos dunha poboación a partir dunha cantidade mínima de mostra. Tamén pode ofrecer a posibilidade de facer separación de diferentes poboacións celulares en función do equipo. Esta técnica ofrece múltiples aplicacións tanto en humanos coma en plantas e microorganismos.
Bioloxía Molecular
O servizo de Bioloxía Molecular (dentro da Unidade de Caracterización) é un servizo de apoio á investigación onde os equipos utilízanse en réxime de autoservizo desde o punto de vista científico e técnico. O servizo ofrece análises de mostras moi diversas, tanto de ácidos nucleicos como de proteínas, de actividade celular, de diferentes nanomateriais, etc.
Citometría
-
Citómetros de fluxo analizadores:
-
Citómetro Cell sorter:
- FACSAriaIII (Becton Dickinson) - Manual
-
Equipo para Multiplexing:
- MAGPIX (Luminex) - Manual
-
Analizador de nanopartículas:
- NanoSight NS300 (Malvern) - Manual / Guía de software
-
Estación para analizar datos:
- Ordenador con FlowLogic (versión 7.1)
- BD Accuri C6 Software - Guía de software
- CytExpert Software
Responsable do Servizo
Responsable
Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Vigo (2015), especializouse durante a súa carreira investigadora en Citometría de Fluxo, o que lle permitiu incorporarse ao CINBIO como responsable desta área e da de Bioloxía Molecular.
Colabora activamente nos proxectos de varios grupos de investigación do CINBIO e outras entidades dos eidos biomédico e biotecnolóxico. Ademais, está involucrada en varios programas docentes de divulgación da Universidade de Vigo.