GL EN

Comité de ética

Comité de ética

No CINBIO comprometémonos a manter a máxima transparencia en temas que poidan ser susceptibles de xerar controversia como o caso da investigación biomédica ou a experimentación animal. Ademais, o CINBIO adheriuse ao Acordo de transparencia en experimentación animal de 2016 do COSCE en colaboración coa EARA.

Datos CINBIO

O Comité Ético de Experimentación Animal (CEEA/OH da Universidade de Vigo) nace do compromiso de garantir a máxima preservación posible do benestar dos animais incluídos en proxectos de investigación.

As actividades do CEEA realízanse có propósito de avaliar, dende o punto de vista ético, os procedementos que van utilizar AE, velar polo benestar dos animais utilizados en docencia, investigación ou en probas de laboratorio, e promover cursos de capacitación para as persoas que utilizan ou van utilizar animais.

Máis info: https://www.uvigo.gal/es/universidad/gobierno-uvigo/organos-colegiados/comisiones-universitarias/comite-etico

Comité de ética

Ligazóns e documentos de interese: