GL EN

Eventos

Ciencia con C de CINBIO 2023 15 setembro 2023

Conectando Ciencia con C de CINBIO!

Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo celebra o seu ciclo de divulgación científica "Ciencia con C de CINBIO" co principal obxectivo de dar a coñecer ao público xeral as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.


Se tes curiosidade e queres coñecer a resposta a preguntas científicas ou experimentar coa ciencia, esta é a túa oportunidade!


Ciencia na rúa - Vigo e Ourense

Para ir quentando motores, estaremos a pé de rúa!
O luns 4 de setembro estaremos na Rúa do Paseo de Ourense e o luns 11 de setembro na rúa do Príncipe de Vigo cunha carpa chea de curiosidades científicas, xogos e algunha que outra sorpresa.
Poderás achegarte ata a nosa carpa entre as 16:00 e as 20:00 horas e coñecer de preto ao persoal do #teamCINBIO, que estará informando sobre a actividade do CINBIO, ademais de dinamizar a tarde con divertidos pasatempos.

Portas abertas no CINBIO - visita o centro de investigación

O venres 15 de setembro chega o gran día!
Arredor das 16:00 horas, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) abrirá as súas portas para acoller unha visita moi especial nas súas instalacións do campus universitario de Vigo.
Arredor de 70 persoas poderán visitar ao longo de tres horas os distintos laboratorios do centro e participar en experimentos organizados polas investigadoras e investigadores do #teamCINBIO. Ademais, a visita incluirá catering e unha pequena xincana científica.
Para poder asistir é necesario reservar praza. É de balde a para todos os públicos!


Entra en https://cinbio.es/cienciaconcdecinbio/ para reservar a túa praza!