Eventos
LOCALIZACIÓN: Sala de exposicións Museo MARCO, Vigo
Hora: 10h
Necesaria inscrición (formulario embaixo).
- Actividade orientada á rapazada de secundaria.
A ciencia é un gran crebacabezas no que cada peza ten un papel esencial. Neste evento reunimos a persoas de diversas traxectorias (licenciadas en química, farmacia, veterinaria, física, tradución, comunicación...) que contribúen, desde distintas perspectivas, ao avance do coñecemento: científicas dedicadas á investigación, xestoras que coordinan recursos e proxectos, comunicadoras que achegan os descubrimentos á sociedade. Especialistas de múltiples disciplinas que suman e achegan á ciencia e á sociedade.
Este encontro recolle a diversidade de roles e experiencias, lembrándonos que o progreso na ciencia é froito dunha colaboración interdisciplinar na que cada contribución, grande ou pequena, encaixa para completar o crebacabezas.
Participarán no evento:
- Guadalupe Sabio, investigadora no CNIO
- María D. Mayán, investigadora no CINBIO
- Verónica Salgueiriño, investigadora no CINBIO
- Begoña Puértolas, investigadora no CINBIO
- Noa Caramés, xestora no CINBIO
- Margarita Vázquez, investigadora no CINBIO
- Carlos Renero, investigador no CINBIO
- Noel Queipo, comunicación no CINBIO
FORMULARIO Próximamente