Novas
O CSIC acaba de publicar o ranking das 5.000 científicas españolas máis destacadas, segundo os indicadores de Google Scholar. Nesta lista pódese atopar a oito investigadoras do #teamCINBIO, cada unha dun grupo de investigación diferente: Isabel Pastoriza (FunNanoBio), África González (Inmunoloxía), Rosana Álvarez (ORCHID), Verónica Salgueiriño (Materiais Magnéticos), Remedios Yáñez Díaz (EQ-2), Diana Valverde (Laboratorio de Enfermidades Raras), Begoña Puértolas (TeamNanoTech) e Estela Sánchez (SiDOR).
Parabéns a todas pola súa grande labor científica!