GL EN

Novas

14 decembro 2022A investigadora Diana Valverde participou na xornada 'A relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades'

O 14 de decembro a nosa compañeira Diana Valverde, líder do Laboratorio de Enfermidades Raras, participou xunto coa investigadora do CIM Paloma Morán na xornada "A relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades" da Escola de Igualdade María Vinyals, impusada pola Deputación de Pontevedra e o centro de investigacións CINBIO.

Fotos da Deputación de Pontevedra

Tras a intervención de Diana Valverde cun relatorio que da nome á xornada, participaron no evento diversos investigadores e investigadoras do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. As súas charlas abordaron temas como o cancro, as enfermidades pulmonares ou as enfermidades neurodexenerativas desde unha perspectiva de xénero.

Foto da Deputación de Pontevedra

Pódese consultar aquí o programa completo do evento.