Novas
A doutora Rosana Simón Vázquez do #teamCINBIO aclara neste vídeo divulgativo do programa "La aventura del saber" da RTVE cal é a importancia das vacinas.
Estas últimas son unha das prácticas médicas que máis vidas salvaron, xa que prevén enfermidades infecciosas graves ou incluso mortais e os seus efectos adversos son moi pouco probables. Aínda así, seguen a existir algunhas enfermidades graves que aínda non contan cunha vacina efectiva, de aí a importancia da investigación científica para desenvolver novas vacinas.