GL EN

EQ2 - Oferta de dous contratos de investigación a cargo da axuda para GRC

EQ2 - Oferta de dous contratos de investigación a cargo da axuda para GRC

Fecha Inicio: 11 maio 2021
Fecha Fin: 18 maio 2021

O grupo de investigación EQ2 do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, na Facultade de Ciencias (Campus de Ourense) oferta dous contratos de investigación ao amparo da axuda para Grupos de referencia competitiva (GRC) da Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

As condicións dos contratos serían:

CONTRATO 1

  • Duración: ao redor de 2 meses a tempo completo
  • Retribución ao redor de 1300 euros brutos ao mes
  • Posibilidade de renovación
  • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias, Campus de Ourense

 CONTRATO 2

  • Duración: ao redor de 3 meses a tempo completo
  • Retribución ao redor de 1150 euros brutos ao mes
  • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias, Campus de Ourense

CONTRATOS 1 E 2

Titulación requirida:

Estudos de Ciencias Ambientais, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñería Agraria, Química, Enxeñería Química ou titulacións afíns.

Experiencia en:

  • Mostras de biomasa vexetal e mariña.
  • Tecnoloxías de extracción (autohidrólise e microondas).
  • Técnicas analíticas (cromatografía líquida de alta eficacia e espectrofotometría).
  • Técnicas de determinación de actividade antioxidante.

A selección dos candidatos/as realizarase en base a:

  • Expediente académico
  • Experiencia de laboratorio
  • Outros méritos
  • Entrevista persoal

O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada por tres membros do Grupo de Investigación, nos prazos establecidos pola Normativa da Universidade de Vigo para contratación laboral temporal. Comunicarase a resolución desta etapa do proceso selectivo e se convocará (de considerarse necesario) a unha entrevista persoal aos candidatos/as preseleccionados/as; tras o cal se comunicarase o candidato/a seleccionado/a e os/as de reserva.

Os interesados/as deben enviar o seu CV completo en pdf á seguinte dirección (matorres@uvigo.es) antes do 18 de maio de 2021 ás 14:00.