TNT - Investigador/a predoutoral dentro do proxecto "Desenvolvemento dunha estratexia sensora baseada en plasmónica para a monitorización de nanocontaminantes en ambientes mariños"
TNT - Investigador/a predoutoral dentro do proxecto "Desenvolvemento dunha estratexia sensora baseada en plasmónica para a monitorización de nanocontaminantes en ambientes mariños"
Contratación dun/a Investigador/a Predoutoral para o grupo TeamNanoTech CINBIO - Campus Vigo, enmarcado dentro do proxecto “Desenvolvemento dunha estratexia sensora baseada en plasmónica para a monitorización de nanocontaminantes en ambientes mariños“
Ref. PID2020-113704RB-I00, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación de España na convocatoria Proxectos I+D+i “Retos de Investigación”.
REQUISITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS:
- Licenciado/a/Graduado/a en Química.
- Mestrado en áreas relacionadas coa Química.
- Nivel de inglés alto (oral e escrito).
- Capacidade de traballo en equipo e alta motivación.
- Valorarase a experiencia no traballo con membranas de filtración para contaminantes mariños.
CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO:
- Tipo de contrato: contrato por xornada completa (40 horas semanais).
- Duración estimada: 12 meses (renovable 24 meses).
- Data estimada de inicio do contrato: será negociable en función da situación persoal do candidato/a, preferentemente marzo 2022.
- Retribución: 1.300 euros brutos mensuais.
- Lugar de traballo: CINBIO - Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende.
PROCESO DE SELECCIÓN:
Realizarase en base ao expediente académico, CV e entrevista .
As/os candidatos/as mellor valorados serán entrevistados/as.
O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polo coordinador do grupo e dous membros do grupo de investigación.
Os/as interesados/as deberán enviar unha breve carta de motivación xunto ao seu CV en formato pdf e 2 contactos de referencia á dirección de e-mail macorrea@uvigo.es indicando no asunto: TNT-PhD Position.
DATA LÍMITE DE RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS: 16 DE FEBREIRO ÁS 10:00 PM
O/a candidato/a seleccionado/a e a lista de reserva serán notificados/as.