GL EN

SynBio - Realización de tese de doutoramento

SynBio - Realización de tese de doutoramento

Fecha Inicio: 28 xuño 2021
Fecha Fin: 08 xullo 2021
1.250€ brutos/mes
Tempo completo

Descrición: ofrécese unha praza para a realización da tese de doutoramento no proxecto MICINN (PID2019-109669RB-I00) "Biosensores bacterianos de dispersión Raman aumentada en superficie para detección múltiple ultrasensible". IP: Gustavo Bodelón González, CINBIO. https://cinbio.es/SynBio


Condicións de traballo: 

- Duración inicial: 6 meses con posibilidade de prórroga.

- Retribución: contrato laboral 1.250 euros brutos mensuais a tempo completo (40 horas/semana) en 12 pagas. Incorporación inmediata.

Tipo de traballo: Realización de traballos experimentais enfocados á xeración de cepas de E. coli biosensoras capaces de producir moléculas con actividade en dispersión Raman intensificada en superficie (SERS). 


Perfil buscado: 

  • Dirixida a candidatos con Mestrado en Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Biotecnoloxía, Bioquímica ou titulacións afíns.
  • Expediente académico competitivo
  • Bo nivel de inglés


    Os interesados/as deben proporcionar:

- CV actualizado que inclúa o tipo de titulación que se acredita, Universidade e ano no que se obtivo o título

- Expediente académico (con cualificacións desagregadas por materia)

- Experiencia de laboratorio (valorarase coñecemento de técnicas de Bioloxía Molecular e Microbioloxía). 

 

Entrevistarase aos candidatos/as seleccionados. 


Presentación das solicitudes: 

As persoas interesadas deben enviar o seu CV e dous contactos de referencia a: gbodelon@uvigo.es

DATA LÍMITE: 8 de xullo