GL EN
Twitter bSky

Servizo de apoio a investigación

Unidade de xestión de ciencia

A unidade de xestión de ciencia ofrécelle apoio na xestión da innovación e a ciencia ao seu persoal investigador. Unha iniciativa que ten como obxectivo facilitar a carreira e o desenvolvemento dos investigadores/as, proporcionando un contorno favorable para a investigación e a produción de coñecemento.

A principal tarefa da unidade de xestión de ciencia céntrase na busca e na identificación de oportunidades de financiamento para apoiar a investigación, así como as decisións estratéxicas do centro xunto coa dirección científica e a transferencia dos resultados científicos.

Esta unidade de xestión de ciencia encárgase tamén da transmisión das investigacións e o coñecemento xerado, a concienciación da importancia e a repercusión do labor investigador e o aumento da cultura científica na sociedade. Tres obxectivos estratéxicos prioritarios dun centro de investigación como o CINBIO.

Servizos de apoio

O persoal investigador do CINBIO conta tamén con múltiples servizos horizontais que facilitan o seu traballo no día a día.

Contamos con varios laboratorios comúns con equipos adaptados ás necesidades do persoal e que contan con persoal técnico responsable, altamente cualificado, que favorece a actividade investigadora.