GL EN

Eventos

Todas somos ciencia - 11F 07 febreiro 2025 Sala exposicións, museo MARCO

COLOQUIO "TODAS SOMOS CIENCIA"

Localización: Sala de exposicións Museo MARCO, Vigo
Día e hora: Venres 7 de febreiro de 10:00 a 12:00 horas.
Necesaria inscrición previa (formulario embaixo). As prazas cubriranse por orde de inscrición, sen superar o aforo permitido. Confirmarase a praza vía correo electrónico.

  • Actividade orientada a estudantes de 5º e 6º de Primaria.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o CINBIO e a SEBBM organizan conxuntamente un coloquio co fin de fomentar as vocacións científicas entre a rapazada.


A ciencia é un gran crebacabezas no que cada peza ten un papel esencial. Neste evento reunimos a persoas de diversas traxectorias (licenciadas en química, farmacia, veterinaria, física, tradución, comunicación...) que contribúen, desde distintas perspectivas, ao avance do coñecemento: científicas dedicadas á investigación, xestoras que coordinan recursos e proxectos, comunicadoras que achegan os descubrimentos á sociedade. Especialistas de múltiples disciplinas que suman e achegan á ciencia e á sociedade.

Este encontro recolle a diversidade de roles e experiencias, lembrándonos que o progreso na ciencia é froito dunha colaboración interdisciplinar na que cada contribución, grande ou pequena, encaixa para completar o crebacabezas.

Participarán no evento:

  • Guadalupe Sabio, investigadora no CNIO
  • María D. Mayán, investigadora no CINBIO
  • Verónica Salgueiriño, investigadora no CINBIO
  • Begoña Puértolas, investigadora no CINBIO
  • Noa Caramés, xestora no CINBIO
  • Margarita Vázquez, investigadora no CINBIO
  • Carlos Renero, investigador no CINBIO
  • Noel Queipo, comunicación no CINBIO

PRAZAS CUBERTAS