Divulgación
Queredes visitar o CINBIO?
O CINBIO abre as portas dos seus laboratorios para que o alumnado de Secundaria e Bacharelato viva a ciencia en primeira persoa.
Queredes descubrir como é o día a día nun verdadeiro centro de investigación?
Durante tres horas cheas de experimentos, descubrimentos e retos, o estudantado poderá entrar en laboratorios profesionais, participar en actividades científicas, coñecer persoal investigador e experimentar coa ciencia dunha forma práctica, divertida e sorprendente.
A visita permitirá achegarse ao traballo que se realiza no CINBIO en ámbitos punteiros como os nanomateriais e a biomedicina, vendo de preto como a investigación que se fai en Vigo pode cambiar o futuro.
E para rematar a experiencia…
Contaremos cun escape room científico no que o alumnado terá que resolver retos, superar desafíos e traballar en equipo para poñer a proba todo o aprendido na xornada.
Tres horas diferentes, dinámicas e cheas de ciencia REAL para espertar a curiosidade, aprender e divertirse como auténticos investigadores e investigadoras.
Achégate á ciencia, vén a CINBIO!
* As visitas non inclúen desprazamento ao CINBIO e realizaranse un venres de cada mes por rigorosa orde de inscrición a través dun formulario que estará activo proximamente.



