GL EN

Eventos

Falemos de ciencia: a importancia de comunicar 16 outubro 2020 Sala virtual 1 CINBIO

O vindeiro 16 de outubro ás 12:00h teremos o pracer de contar con Mar Ferrero e Javier Cebreiros no café virtual "Falemos de ciencia: a importancia de comunicar", unha xornada de formación sobre comunicación e igualdade.

Debido ás restriccións por mor da Covid-19 o evento terá que realizarse de maneira online, o que non impedirá que estes grandes profesionais teñan unha interesante conversación sobre estes dous aspectos clave dentro do campo científico.

Ademais, esperamos contar cos dous de novo de maneira presencial nun futuro próximo!