GL EN
Twitter bSky

Eventos

Formación en divulgación e comunicación científica en galego: Quero divulgar, e agora que? 13 novembro 2026 Sala de seminarios, Torre CACTI

Formación transversal

Formación en divulgación e comunicación científica en galego: Quero divulgar, e agora que?


O venres 13 de novembro de 2026, a investigadora e divulgadora científica Andrea Muras ofrecerá un obradoiro de iniciación en divulgación e comunicación científica en galego, dirixido ao persoal investigador predoutoral do CINBIO.

Un obradoiro pensado para ofrecer coñecementos e ferramentas que permitan ao persoal investigador comezar a facer divulgación científica en galego dunha forma orixinal e entretida.

Andrea Muras Mora é doutora en microbioloxía e investigadora no INIBIC, onde estuda o comportamento das bacterias para previr infeccións. Compaxina a investigación cunha intensa actividade divulgativa: é autora do libro "La guerra contra las superbacterias" (Alienta, 2023), imparte formacións en comunicación e divulgación científica para persoal investigador e coorganiza Ciencia Calidade, que xa vai pola súa quinta edición

PROGRAMA:

  • Que é a divulgación científica?
    • Introducción á divulgación científica. Quen divulga?
  • Consellos esenciais
    • 10 consellos imprescindibles para comezar a facer divulgación.
  • Morte por Power Point
    • Entenderemos a importancia dunha boa comunicación.
  • Formatos para falar de ciencia
    • Coñeceremos os diferentes formatos de divulgación e algunhas das súas particularidades.
  • Descanso
  • Buscando a nosa identidade
    • Identificaremos as nosas cualidades e intereses para escoller o formato que mellor nos encaixa.
  • Adapta a mensaxe
    • Personalizaremos a nosa mensaxe en función do formato e da nosa identidade.
  • Da teoría á práctica
    • Poremos unha idea divulgativa en marcha.

A formación terá lugar na sala de seminarios de Torre CACTI de de 09:30 a 14:00 horas.

Aquelas persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través do seguinte formulario:

A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para o uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artigo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade do CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.